Cidade de Lugo Fluvial, campionas de España de Duatlón por clubes 2019

19 de Marzo de 2019

A pasada fin de semana disputouse en Punta Umbría, o Campionato de España de Duatlón por Clubes e relevos mixtos. Ata Huelva desprazouse unha ampla representación galega, formada por 9 clubes: Tríatlon Arcade Inforhouse, Club Olímpico de Vedra, Club Tríatlon Compostela, Triatlon Ferrol, A.D. Náutico de Narón, Cidade de Lugo Fluvial, A.D. Tri-Pentas Terras de Lugo, Tríatlon Arteixo, Club Ciclismo-Tríatlon Poio.

As competicións comezaron o sábado 16 co Campionato de España de Duatlón por Clubes, nas distintas divisións. Conseguindo moi bos resultados os equipos galegos.

En 3ª Masculina o Tríatlon Arteixo rematou na segunda praza logrando así o ascenso a segunda. Na 2ª Feminina o Tríatlon Arcade Inforhouse de Santiago fíxose coa terceira posición. Pero o éxito galego viría na primeira feminina, na que a A.D. Náutico de Narón conseguía un 4º posto, e o Cidade de Lugo Fluvial, lograba repetir o éxito do ano pasado en Boiro facéndose unha vez máis co cetro de CAMPIONAS DE ESPAÑA DUATLÓN POR EQUIPOS.

Destacar tamén a actuación de Edymar Brea do A.D. Tri-Pentas Terras de Lugo que logrou o primeiro posto na proba individual e gañou o trofeo Iberdrola por ser a máis rápida no primeiro segmento a pé.

O domingo era a hora do Campionato de España de Duatlón Relevos Mixtos. No que os nosos conseguiron os seguintes resultados:
4º Cidade de Lugo Fluvial.
15º Tríatlon Arcade Inforhouse
16º A.D. Tri-Pentas Terras de Lugo
19º A.D. Náutico de Narón
22º Tríatlon Ferrol
25º Olímpico de Vedra
34º Club Tríatlon Compostela

Podes consultar todas as clasificacións no seguinte enlace: http://triatlon.org/triweb/index.php/competiciones/resultados-2019/

(Foto: FETRI)

Quizáis che interese…