Galicia acadou un total de cinco medallas (un ouro, tres pratas e un bronce) no Campionato de España Escolar de Laser-Run, que se celebrou hoxe en Soria. Mañá terá lugar o Campionato de España de biatlón. A Federación desprazou a unha selección formada por 13 deportistas.
O ouro foi para Claudia Gámez na categoría alevín, e xunto a ela estivo no podio a tamén galega AInhoa Corral, que logrou a medalla de prata.
En cadete houbo dúas medallas. Na categoría masculina, Martín Cando proclamouse subcampión de España, mentres que na feminina Andrea Vidal logrou o bronce.
E por último, suliñar a medalla de prata acadada por Mireia Vázquez en pre-benxamín.