Cerca dun cento de mulleres e máis de trescentos homes verán determinada a súa posición na clasificación final do Circuíto de Dúatlon de Estrada na última proba do Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada “I Dúatlon Val de Soneira- Concello de Vimianzo” que se celebrará o próximo 3 de abril.
O circuíto Galego de Dúatlon de Estrada, que esta tempada consta de catro probas e das que se levan disputadas as tres primeiras en Poio, Lugo e Santiago outorgan así mesmo a clasificación para o Campionato Galego de Dúatlon de Estrada a celebrar o 16 de abril en Pontevedra.
Clasificación provisional do Circuíto de Dúatlon de Estrada a falta da última proba