COMUNICADO DA FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON E PENTATLON MODERNO (13/03/2020)
SUSPENSIÓN CAUTELAR DA ACTIVIDADE FEDERATIVA (COVID-19)
A Federación Galega de Tríatlon informa que está traballando cos organizadores e resto de persoal federativo de cara a ir dando as mellores solucións ás probas e actividades suspendidas e seguirá informando ao respecto de xeito puntual segundo a evolución.
Polo momento as probas e actividades afectadas pola suspensión cautelar, pendientes de nova calendarización ou suspensión definitiva, son as seguintes:
– PROGRAMA XOGADE CANCELADO NA TOTALIDADE
A continuación, podes cnsultar o comunicado da Xunta de Galicia onde se nos fai a comunicación así coma outras medidas importantes a tomar.
IMP.- Con esta cancelación queda suspendidos adestramentos e calquera actividade cuberta polo mesmo.
– PROBAS DEPORTIVAS FEDERADAS (suspendidas provisionalmente no mes de marzo)
- 14/03/2020.- Ocean Lava Galicia-Cpto Galego Duatlon Contrarreloxo por Equipos
- 15/03/2020.- Final Galega Nada e Corre de Riveira
- 21/03/2020.- Dúatlon Prebenxamín Popular de Santiago (circuíto)
- 21/03/2020.- XVIII Dúatlon Cidade de Santiago
-
- 29/03/2020 .- Dúatlon Val do Soneira de Vimianzo (circuíto)
A Federación Galega de Tríatlon está traballando coas distintas organizacións para ver as posibilidades de reestruturación de competicións en función da evolución da situación.
-XUNTANZA ASEMBLEA XERAL 25 DE MARZO (APRAZADA PROVISIONALMENTE A 22 DE ABRIL)
Posponse a Xuntanza da Asemblea Xeral convocada para 25 de marzo e convócase para o 22 de abril de 2020, sempre e cando non se aumenten as medidas de restricción para esa data.
-ENCONTRO DE MENORES- (Cancelado)
Ante o posible risco para as datas previstas acordouse non lanzar a convocatoria e cancelar o evento.
-CONVOCATORIA DA COMISIÓN DELEGADA
Convocase á Comisión Delegada o próximo luns, 16 de marzo de 2020, ás 20:00 a unha xuntanza por medios telemáticos a través de Zoom.
A Federación Galega de Tríatlon agradece a todos os estamentos federativos polo apoio e comprensión manifestada por distintos medios.