COMUNICADO SOBRE A SUSPENSIÓN DO III TRÍATLON RÍAS BAIXAS

24 de Maio de 2016

A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno quere explicar a través deste comunicado cales foron os motivos polos que o delegado técnico presente na proba decidiu o domingo 15 de maio suspender o III Tríatlon Rías Baixas, que se tiña que celebrar en Vilagarcía.

O GV Sports Club, club con licenza organizativa, solicita organizar esta proba á Federación Galega de Tríatlon, presentando un proxecto, que foi aprobado e calendarizado pola asamblea da Federación. Esta proba tiña ademais o aval de dúas edicións anteriores, aínda que en ubicacións diferentes.

Posteriormente, e sempre antes da celebración da proba, o organizador presenta as autorizacións esixidas pola normativa legal vixente para obter o visto bo da Federación. Neste caso en concreto, o organizador cumpriu todos os requisitos previos (permiso Capitanía Marítima, do Concello, da Xunta, confirmación de ambulancia…) e non foi ata o día da proba cando xurdiron os problemas, xa que non se ían cumprindo os compromisos e prazos marcados.

Situación in situ. O delegado técnico da proba presentou un informe sobre o que sucedeu dende primeira hora da mañá con moitos retrasos por diferentes incidencias. Así, non se puido montar a zona de transición por estar ocupada por coches aparcados. A zona quedou completamente desaloxadas as 08:45, cando o control de material estaba previsto a partires das 07:30 horas.

A colocación das aboias no segmento de natación comezou con moitísimo retraso, xa que á hora de inicio da proba (09:30 horas) aínda non aparecerá embarcación algunha. As 09:40 chegou a primeira e comezarán a señalizar o segmento de natación e a segunda barca non chegou a aparecer.

Co segmento de natación disposto, e os triatletas en liña de saída, solicitan o OK da organización de que todo está preparado para realizar o sector de ciclismo. Finalmente “ás 09:40 confírmame que o tráfico non está cortado e non hai voluntarios suficientes”. Durante o tempo de espera intentáronse buscar alternativas, pero tanto a Guardia Civil coma o propio organizador confirman que hai puntos entrada ao circuíto sen persoal nin material para cortar o tráfico.

A pesar de que ás 10:40 horas o organizador da o OK para a saída, o delegado técnico decidiu comprobar a seguridade do circuíto poñéndose en contacto cos oficiais situados nos puntos de retorno, “e coméntanme que aínda circulaban vehículos por dita estrada. Dada a situación decido suspender a proba ás 10:45 horas e nese mesmo momento recibo comunicación de que a propia Guardia Civil tampouco autoriza o sector ciclista por falta de seguridade para os deportistas”.

 

 

 

 

Quizáis che interese…