Do 17 ao 26 de febreiro 25 triatletas do Grupo de Interés Federativo estarán concentrados no Centro de Tecnificación de Cáceres para preparar as próximas competicións.
A boa climatoloxía do lugar e dispoñer das instalacións do Centro de Tecnificación de Cáceres, axudará aos deportistas a completar un bloque de adestramento moi importante de cara ao comezo da tempada. Ademáis, compartirán adestramentos cos triatletas da Federación Estremeña de Tríatlon.
A Cáceres tamén desprazáronse os técnicos Carlos Prieto, Jonathan Cancela e Xan Suárez.