Convenio de colaboración coa Federación Estremeña de Tríatlon

15 de Decembro de 2022

As federacións galega e estremeña colaboran para potenciar os seus grupos de tecnificación e clubes

Entre as accións a desenvolver atópase a realización de concentracións conxuntas para aproveitar as condicións atmosféricas de cada rexión. Cando haxa calor extremo en Estremadura, os deportistas estremeños desprazaranse a Galicia para adestrar, mentres que cando a choiva dificulte o adestramento en Galicia, serán os galegos os que aproveiten a climatoloxía estremeña para seguir traballando o seu potencial.

No caso da Federación Galega de Tríatlon, o grupo de Tecnificación compóñeno oito deportistas de entre 14 e 17 anos que residen, estudan e adestran no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

O grupo que dirixe Omar González está formado por Óscar Alberte, Irea Alen, Uxía Campos, Lucas García, Marta Novo, Lucia Piñón, Candela Sánchez e Damián Suárez.

A Federación Galega tamén conta cun grupo de Rendemento formado por Alexandre Álvarez, Víctor Bouzón, Natalia Castro, Cristian Fernández, David González, Jorge González, Carla Guisande, Iago Lorenzo, Alejandro Rodríguez, Iván Pontes e Gabriela Quintas, con Jonathan Cancela ao mando

No caso da Federación Estremeña, o grupo de tecnificación está formado por seis deportistas de entre 15 e 17 anos que se aloxan no Centro de Tecnificación Deportiva Cidade de Cáceres para realizar os seus adestramentos.

Trátase de Marta Jiménez, Miriam Zafra, Víctor Criado, Nacho Criado, Iván de Pedro Areas e Javi Rico, que están baixo as ordes de Víctor Manuel Zapata, actual director deportivo da Federación Estremeña de Tríatlon.

O Centro de Tecnificación Deportiva Cidade de Cáceres tamén é a sede dun grupo de tecnificación nacional ao que pertencen dous deportistas estremeños, María Castro e Miguel Blanco.

Ademais, tanto os clubs da federación galega como os da estremeña poderanse beneficiar deste acordo de colaboración, xa que poderán realizar concentracións en ambas as comunidades autónomas, previa solicitude e aprobación das direccións técnicas de ambas as federacións.

Convenio de colaboración coa FEXTRI

Quizáis che interese…