O presidente da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, Javier Campos Peña, de acordo co que determinan os artigos 48º e 54º dos Estatutos vixentes da entidade, convoca aos membros da Asemblea Xeral a unha xuntanza extraordinaria, na data e hora indicadas a continuación
- Data: xoves, 16 de abril de 2026
- Hora: 20:30 h 1º convocatoria e 21:00 h. en segunda convocatoria
- Lugar: Hotel Santiago Apóstol (Costa de San Marcos, 1, 15820 Santiago )
Orde do día,
- – Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea anterior.
- – Aprobación, se procede, do Regulamento e Calendario electoral da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno
- – Elección das persoas membros da Xunta Electoral.
- -Acordo, se procede, da delegación na Presidencia da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno da facultade de realizar e aprobar as modificacións ao Regulamento e Calendario Electoral que fosen requiridas pola Secretaría Xeral para o Deporte, sen sometelas a nova aprobación pola Asemblea Xeral.
- – Rogos e preguntas
*Os rogos e preguntas poderán ser enviados ao correo da federación ata o próximo luns 13 de abril ás 14:00 h.
*Só se permitirá o acceso a persoas membros da Asemblea Xeral. A representación dos clubs recae no/a Presidente/a ou persoa en quen delegue segundo os seus estatutos. A Delegación deberá estar na Federación a máis tardar o mércores 15 de abril de 2026.



