Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria da Federacíón Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno 05/06/2025

Fegatri logo redes

5 de Maio de 2025

Por orde do Presidente da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno e de acordo ao que determinan os artigos 48º e 54º dos Estatutos vixentes da entidade,convocase aos membros da Asemblea Xeral a unha xuntanza ordinaria, na data e hora indicadas a continuación

  • Data: xoves, 5 de xuño de 2025
  • Hora: 19:30 h. 1ª convocatoria e 20:00 h. en 2ª convocatoria
  • Lugar: Hotel Santiago Apostol (Costa de San Marcos, Nº1.- Santiago de Compostela)

Orde do día,

  • 1.- Lectura e aprobación se procede da acta da Asemblea anterior.
  • 2.- Memoria e contas 2024. Aprobación se procede.
  • 3.- Calendarios e normativas.
  • 4.- Informe do Presidente
  • 5.-   Rogos e preguntas

*Os rogos e preguntas poderán  ser enviados ao correo da federación ata o próximo venres,  30 de maio de 2025 ás 14:00 h.

* A representación dos clubs recae no/a Presidente/a ou persoa en quen delegue segundo os seus estatutos. A Delegación deberá estar na Federación a máis tardar o mércores 4 de xuño de 2025 ás 14:00 h.

Ver Convocatoria anexo

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.