Por orde do Presidente da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno e de acordo ao que determinan os artigos 48º e 54º dos Estatutos vixentes da entidade,convocase aos membros da Asemblea Xeral a unha xuntanza ordinaria, na data e hora indicadas a continuación
- Data: venres, 20 de decembro de 2024
- Hora: 19:30 h. 1ª convocatoria e 20:00 h. en 2ª convocatoria
- Lugar: Hotel Santiago Apostol (Costa de San Marcos, Nº1.- Santiago de Compostela)
Orde do día,
- 1.- Lectura e aprobación se procede da acta da Asemblea anterior.
- 2.- Orzamentos 2025. Aprobación se procede.
- 3.- Calendarios e normativas.
- 4.- Licenzas 2025
- 5.- Informe do Presidente
- 6.- Rogos e preguntas
*Os rogos e preguntas poderán ser enviados ao correo da federación ata o próximo luns, 16 de decembro de 2024 ás 14:00 h.
* A representación dos clubs recae no/a Presidente/a ou persoa en quen delegue segundo os seus estatutos. A Delegación deberá estar na Federación a máis tardar o xoves 19 de decembro de 2024.