Por orde do Presidente da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, Javier Campos Peña, de acordo co que determinan os artigos 48º e 54º dos Estatutos vixentes da entidade, convocase aos membros da Asemblea Xeral a unha xuntanza ordinaria, na data e hora indicadas a continuación
- Data: Venres, 19 de decembro de 2025
- Hora: 19:30 h 1º convocatoria e 20:00 h. en segunda convocatoria
- Lugar: Hotel Santiago Apóstol (Costa de San Marcos, 1, 15820 Santiago )
Orde do día,
1.- Lectura e aprobación se procede da acta da Asemblea anterior.
2.- Orzamentos 2025. Aprobación se procede.
3.- Calendarios e normativas.
4.- Licenzas 2026
5.- Informe do Presidente.
6.- Rogos e preguntas
* Os rogos e preguntas poderán ser enviados ao correo da federación ata o próximo luns 15 de decembro de 2025, ás 14:00
* A representación dos clubs recae no/a Presidente/a ou persoa en quen delegue segundo os seus estatutos. A Delegación deberá estar na Federación a máis tardar o mércores 17 de decembro, indicando o correo da persoa que acudirá.
CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON E PÉNTATLON MODERNO



