A continuación podedes consultar a convocatoria de deportistas e plan de viaxe para acudir coa expedición FEGATRI á Copa de Europa de Quarteira 2026.
———————————-
Convocatoria solicitude participación no Programa de Tecnificación e Rendemento FEGATRI para acudir a COPA DE EUROPA DE QUARTEIRA
A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno dentro do programa de tecnificación e rendemento 2026, ten establecido o apoio a deportistas de interese federativo con licenza galega e a clubs galegos, para a súa promoción deportiva nacional e internacional.
Conforme ao anterior e co gallo da celebración da Copa de Europa de Quarteira (Portugal), o próximo 28 e 29 de marzo de 2026, publícase a convocatoria de deportistas que acudirán coa expedición FEGATRI.
A FEGATRI asumirá os custes da viaxe Pontevedra -Quarteira (ida e volta), a manutención e aloxamento das persoas deportistas convocadas.
O/A Deportista farase cargo dos seguintes custes a través da formalización da inscrición no programa para o evento de referencia: Desprazamento ata Pontevedra (ida e volta), inscrición na proba e tritraxe oficial World Triathlon da FEGATRI se o precisasen.
Formalización da solicitude a través da plataforma de inscricións co abono do importe correspondente á xestión do tritraxe por parte da FEGATRI
O acceso a esta colaboración SERÁ INCOMPATIBLE coa solicitude e recepción de axudas para deportistas galegos/as, para a súa participación en probas internacionais en 2026, na mesma proba.



