CONVOCATORIA CURSO ADESTRADOR NIVEL 1- BLOQUE COMÚN

19 de Novembro de 2015

A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno organizará nos próximos meses un curso do Bloque Común do Curso de Adestrador Nivel I. Dito curso será impartido pola entidade autorizada “CAD SAFE” e xestionado integramente pola Federación, conseguindo así un prezo promocional para o grupo de alumnos.

CURSO:

 Adestrador Nivel I- Bloque Común

 DIRIXIDO A :

Técnicos  que teñan cursado o Bloque Específico do Curso de Adestrador Nivel I de Tríatlon

Técnicos que teñan cursado o Bloque Específico do Curso de Adestrador Nivel I de calquera especialidade.

Persoas que teñan interese en realizar Cursos de Adestrador Nivel I de calquera especialidade.

(A Fegatri ten previsto calendarizar un curso de Nivel I do Bloque Específico en 2016 que complementaría o título de Adestrador)

 DATA: 

Xaneiro-Febreiro 2016

MODALIDADE:

 A distancia.

INFORMACIÓN

 Dado que só temos unha entidade en Galicia, “CAD SAFE Formación” impartindo o curso no plan LOE, nestes momentos, contactamos con ela para xestionar o mesmo online .

O curso do Bloque Común a distancia é aberto.

Xestionado en conxunto tería os seguintes custes por alumno dependendo do número.

TARIFAS /UD

 PREZO

 TASA

TOTAL

1-5 alumnos

              280 €

                35 €

              315 €

5-10 alumnos

              230 €

                35 €

              265 €

10-20 alumnos

              220 €

                35 €

              255 €

———————————————

PREINSCRICIÓN NO CURSO- (ADESTRADOR NIVEL 1.- BLOQUE COMÚN )

 enviar a fegatri@hotmail.com

 Datos:

 Nome e apelidos:

DNI:

Teléfono:

Enderezo electrónico:

TITULACIÓN REQUERIDA:

Requisito: Posuír como mínimo o Título de Graduado en ESO ou equivalente (2º BUP) ou superior

-PRAZO DE SOLICITUDE–        Ata o 11 de decembro de 2015

Quizáis che interese…