Convocatoria da Asemblea Xeral Extraordinaria da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno (22 abril)

28 de Marzo de 2022

CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON E PÉNTATLON MODERNO

O presidente da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, Gonzalo Mario Triunfo Delgado, de acordo co que determinan os artigos 48º e 54º dos Estatutos vixentes da entidade, convoca aos membros da Asemblea Xeral a unha xuntanza ordinaria por medios telemáticos (amparada no Art. 40 do Real Decreto-Ley 8/2020 de 17 de marzo de medidas urgentes extraordinarias para hacer frente al impacto económico y social del COVID-19),  na data e hora indicadas a continuación

Data: venres, 22 de abril de 2022

Hora: 21:00 h.

Lugar: Sala Zoom (enviarase a ligazón de acceso o día anterior)

Orde do día,

1.-  Regulamento Electoral. Aprobación se procede

2.- Calendario Electoral. Aprobación se procede

*Só se permitirá o acceso aos membros da Asemblea Xeral. A representación dos clubs recae no/a Presidente/a ou persoa en quen delegue segundo os seus estatutos. A Delegación deberá estar na Federación a máis tardar o mércores 13 de abril de 2021.

 

 

Quizáis che interese…