CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON E PÉNTATLON MODERNO
O presidente da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, Gonzalo Mario Triunfo Delgado, de acordo co que determinan os artigos 48º e 54º dos Estatutos vixentes da entidade, convoca aos membros da Asemblea Xeral a unha xuntanza ordinaria por medios telemáticos (amparada no Art. 40 do Real Decreto-Ley 8/2020 de 17 de marzo de medidas urgentes extraordinarias para hacer frente al impacto económico y social del COVID-19), na data e hora indicadas a continuación
Data: venres, 22 de abril de 2022
Hora: 19:30 h.
Lugar: Sala Zoom (enviarase a ligazón de acceso o día anterior)
Orde do día,
1.- Lectura e aprobación se procede da acta da Asemblea anterior.
2.- Memoria e Contas 2021. Aprobación se procede.
3.- Calendarios e normativas.
4.- Rogos e preguntas
*Os rogos e preguntas poderán ser enviados ao correo da federación ata o próximo mércores 13 de abril de 2022 ás 14:00 h.
*Só se permitirá o acceso aos membros da Asemblea Xeral. A representación dos clubs recae no/a Presidente/a ou persoa en quen delegue segundo os seus estatutos. A Delegación deberá estar na Federación a máis tardar o mércores 13 de abril de 2022.