A Federación Galega de Tríatlon, dentro das actividades de promoción encadradas no seu proxecto inclusivo, realizará unha concentración de deportistas no mes de decembro.
ONDE? Estación de Montaña de Manzaneda
CANDO?.- Inicio: venres, 4 de decembro ás 17:30 h. e remate: domingo, 6 de decembro ás 16:30 h.
QUEN?
- Deportistas con licenza en vigor na FEGATRI de categorías inclusivas.
- Deportistas con licenza en vigor na FEGATRI na categoría infantil que participasen no Campionato Galego de Tríatlon.
- Adestradores con licenza en vigor na FEGATRI.
- Deportistas con licenza en vigor na FEGATRI na categorías infantil que non participasen no Campionato Galego de Tríatlon pero participaran nalgunha proba federada nesta tempada, se non se cubrisen as prazas ofertadas (outorgaranse por orde de inscrición de deportistas con interese na tarifa de reserva)
PRAZAS E CONVOCATORIA
- Quedan convocados todos os deportistas de categoría infantil tanto masculino como feminino que participasen no Campionato Galego de Tríatlón 2026
- Quedan convocados os seguintes deportistas de categoría inclusiva: Asier Valentino Mass Sanguino, Uxía Rodríguez Novo, Nagore Otero Martínez, Iñígo Villanueva Moreira, Diego París León, Enzo González Martínez, Teo San Román Vázquez, Manuel Neila Puente, Daniel Blanco Gómez, Carla Santoro Cernadas, Claudia Tubio Quintáns
- Ata 5 adestradores con licencia FEGATRI en vigor. Criterio Técnico
CONDICIÓNS
- Aloxamento en réxime de pensión completa en Albergue Bibei
- Inclúense tres comidas diarias almorzo, comida e cea.
- Actividades destinadas a fomentar a convivencia entre o grupo e habilidades para o desenvolvemento das disciplinas de natación e carreira
- Actividades de lecer nas Instalacións deportivas da Estación
A FEGATRI asume os servizos e necesidades da actividade, aloxamento e manutención das persoas convocadas.
INSCRICIÓN Gratuíta. Ata o mércores 25 de novembro ás 14:00 h.
- A inscrición para solicitar a praza será online a través da páxina da FEGATRI.
- Coa inscrición deberá subirse copia da tarxeta sanitaria e autorización anexa cuberta.
- Deberán inscribirse todas as persoas interesadas, tanto convocadas coma reservas.
PERSOAS CONVOCADAS:
- 41 prazas, para deportistas de categoría infantil, participantes no Campionato Galego de Tríatlon 2026
- Deportistas inclusivos ata categoría junior
- 5 prazas para persoas técnicas, adestradores con licenza en vigor FEGATRI. Asignadas entres as persoas inscritas a criterio técnico.
RESERVAS: Se as prazas non fosen cubertas por deportistas convocados, serán outorgadas ás persoas interesadas, deportistas infantís que participaran nalgunha proba federada no 2026.
O venres, 27 de novembro, publicarase a listaxe de persoas titulares e reservas.
Outros
- As persoas participantes acudirán co material e roupa de adestramento para as disciplinas de natación e carreira, así coma prendas de abrigo.
- Imprescindible levar toalla. A instalación non a provee.
- Na semana do evento enviarase ligazón para unirse a un grupo de whatsapp para dar información máis detallada da planificación.


Concello de Vimianzo



