Circular Dirección Deportiva (29/05/2025)
A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, dentro das actividades de promoción encadradas no seu proxecto inclusivo realizará unha concentración de deportistas no mes de xullo
ONDE? Estación de Montaña de Manzaneda
CANDO?.- Inicio: domingo, 13 de xullo ás 16:00 h. e remate: Venres 18 de xullo ás 15:30 h.
QUEN?
- Deportistas con licenza en vigor na FEGATRI nas categorías infantil e inclusivas.
- Adestradores con licenza en vigor na FEGATRI
PRAZAS
- 6 Infantís masculino
- 6 Infantís femenino
- Deportistas de categoría inclusiva.
- 2 adestradores
CONDICIÓNS
- Aloxamento en réxime de pensión completa nos apartamentos Galicia.
- Inclúense catro comidas diarias, almorzo, comida, merenda e cea.
- Actividades destinadas a fomentar a convivencia entre o grupo e habilidades para o desenvolvemento das disciplinas de natación, carreira e ciclismo.
- Actividades de lecer nas Instalacións deportivas da Estación
A FEGATRI asume os servizos e necesidades da actividade, o aloxamento e manutención das persoas convocatas..
INSCRICIÓN Gratuíta. Ata o venres 27 de xuño ás 14:00 h.
- A inscrición para solicitar a praza será online a través da páxina da FEGATRI. Coa inscrición deberá subirse copia da tarxeta sanitaria e autorización que se xunta cuberta.
- As prazas infantís e de adestradores outorgaranse a criterio técnico dando preferencia a deportistas que non acudan ao encontro Nacional de Menores de Tarazona
- O luns 30 de xuño publicarase a lista de admitidos.e reservas
Outros
- Os/as participantes acudirán co material e roupa de adestramento para as tres disciplinas (natación, carreira e ciclismo), así coma prendas de abrigo.
- Imprescindible levar toalla. A instalación non a provee.
- Na semana do evento enviarase ligazón para unirse a un grupo de whatsapp para dar información máis detallada da planificación.
Concello de Vimianzo