CONVOCATORIA ORGANIZACIÓN DE PROBAS CALENDARIO OFICIAL 2020

16 de Setembro de 2019

Circular  convocatoria organización de Probas 2020

 A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon  Moderno abre o prazo para a presentación de solicitudes de organización de probas para a tempada 2020, co fin de poder  traballar no desenvolvemento do calendario , que aprobará a Asemblea Xeral, para a próxima tempada.

Lembramos a necesidade de pechar o calendario en tempo para poder  presentalo á DGT o día 20 de outubro, de cara a que o noso calendario oficial teña  prioridade sobre outro tipo de eventos.

Recepción de solicitudes: ata o 30 de Setembro de 2019

A solicitude enviarase a info@fegatri.org e deberá vir acompañada dun proxecto que debe contar cos aspectos básicos que se detallan a continuación,  para poder avaliala.
Na medida en que se traballa a longo prazo somos coñecedores de que en moitos casos serán previsións que despois se deberán concretar cos delegados e delegadas técnicos das probas, e que en moitos casos poden sufrir tamén variacións por cuestións de permisos, financiamento,…  pero  é importante ter unha descrición previa de todos estes puntos.

DATOS BÁSICOS DO PROXECTO DE SOLICITUDE DE ORGANIZACIÓN  DE PROBAS
Formulario de comunicación calendario cuberta cos datos da proba (xúntase en word)

FICHA/FORMULARIO CALENDARIO

*Probas con antecedente (solicitarase despois o proxecto).

Datos:

– Nome da proba

– Tipo -(Circuíto/Cpto Autonómico/Popular).
– Dúas datas posibles e localización.
– Organizador, datos e persoa de contacto.
– Director de Carreira/Responsable (nome, teléfono, email).

-Compromiso ou Convenio asinado de coorganización de Administración Pública de Referencia.

– Ficha de tráfico cuberta.
– Distancias
– Observacións: indicar previsión cambios de localización ou circuítos respecto á edición anterior.

 

*Probas que se organicen por primeira vez engadirán o proxecto engadindo ademais os seguintes datos:
– Organizador (É preciso tramitar licenza de club-organizador 2020 de tríatlon, ou coorganizala con algún organizador con licenza).

– Compromiso ou Convenio asinado de coorganización de Administración Pública de Referencia.
– Dirección Executiva e Dirección de carreira
– Datos e persoa de contacto.
– Data, hora e lugar.(se é posible dúas alternativas para tentar cadrar previamente dende competición un calendario onde non se prexudiquen)
– Número de carreiras-saídas, se houbese máis dunha.
– Distancias
– Planos dos circuítos con tódalas áreas (Saída,transición, meta, áreas de penalización,…).
– Sistema de Cronometraxe
– Premios
– Categorías
– Servizos- (duchas e vestiarios, megafonía e locución, infraestruturas en xeral…)
– Seguros- Propios (indicar de selo caso. Serán revisados polo DT) ou xestionados a través da Fegatri.
– Servizos médicos e plan de seguridade e evacuación.
– Vehículos. Control dos sectores de  carreira
– Avituallamentos.
– Voluntariado

 

Quizáis che interese…