CONVOCATORIA ORGANIZACIÓN PROBAS TEMPADA 2026

12 de Setembro de 2025

 

A TÓDOLOS CLUBS E ORGANIZADORES DA FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON E PÉNTATLON MODERNO

A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno abre o prazo para a  presentación de solicitudes de organización de probas tanto de tríatlon coma de péntatlon moderno, co fin de poder traballar no desenvolvemento do calendario a aprobar pola Asemblea Xeral para 2026 e novas probas para engadir no último trimestre de 2025 (Nada e Corre/Dúatlon Cros/…)

A DGT enviou a circular cos prazos de comunicación das probas afectadas polos permisos de tráfico. O primeiro prazo para dar prioridade a estas probas sobre outras modalidades ou eventos non oficiais calendadas, especialmente aquelas que poidan ter previsión de celebración antes de finais de marzo de 2026 remataría a medidados de outubro.

Pregámosvos que comecedes a traballar cos Concellos onde tedes previsto desenvolvelas e fagades a solicitude de datas de celebración daquelas probas que poidades ter previstas, aínda sabendo que nalgúns casos a súa celebración dependerá da confirmación do soporte económico e administrativo de entidades públicas e privadas.

Dada a incerteza e trastornos que están causando as suspensións, si vos pedimos o compromiso como organizadores de comunicar a cancelación das probas que se calendaricen coa antelación suficiente, ao menos dun mes, de cara a ter marxe de manobra para tratar de conseguir levar  adiante as probas principais a outra sede.

Recepción de solicitudes: ata o 10 de outubro de 2025.

A solicitude deberá enviarse a info@fegatri.tempurl.host e virá acompañada dun pequeno proxecto que debe perfilar os aspectos básicos que se detallan a continuación, especialmente no caso de novas probas, para poder traballar sobre o mesmo coordinadamente.

Na medida en que se traballa a longo prazo sabemos que serán previsións que despois se deberán concretar cos delegados e delegadas técnicos das probas, e que seguramente sufran tamén variacións por diversas cuestións secundarias, pero é importante ter unha descrición previa destes puntos, para poder dar apoio á organización que así o precise.

DATOS BÁSICOS DO PROXECTO DE SOLICITUDE DE ORGANIZACIÓN DE PROBAS

  • Formulario de comunicación calendario cuberta cos datos da proba (xúntase a ligazón de descarga a continuación-   FICHA/FORMULARIO CALENDARIO (só para probas con influenza de permisos de tráfico da DGT-TRAZA)

*Datos para Probas con antecedente (solicitarase o proxecto de cambios para a posta en marcha).

  •  Nome da proba
  • Tipo -(Cpto Autonómico/Popular/…).
  • Dúas datas posibles e localización.
  • Organizador, datos e persoa de contacto.
  • Director de Carreira/Responsable (nome, teléfono, email).
  • Compromiso ou Convenio asinado de coorganización de Administración Pública de Referencia.
  • Ficha de tráfico cuberta (de afectar permisos da DGT).
  • Distancias
  • Observacións: indicar previsión cambios de localización ou circuítos respecto á edición anterior.

*Probas que se organicen por primeira vez xuntarán ao proxecto o engadido ademais os seguintes datos:

  • Organizador (É preciso tramitar licenza de club-organizador 2025 de tríatlon, ou coorganizala con algún organizador con licenza). Compromiso ou Convenio asinado de coorganización de Administración Pública de Referencia.
  • Dirección Executiva e Dirección de carreir
  •  Datos e persoa de contacto.
  • Data, hora e lugar.(se é posible dúas alternativas para tentar cadrar previamente dende competición un calendario onde non se prexudiquen)
  • Número de carreiras-saídas, se houbese máis dunha.
  • Distancias
  • Planos dos circuítos con tódalas áreas (Saída, transición, meta, áreas de penalización,…).
  • Sistema de Cronometraxe
  • Premios
  • Categorías
  • Servizos- (duchas e vestiarios, megafonía e locución, infraestruturas en xeral…)
  • Seguros- Propios (indicar de selo caso. Serán revisados polo DT) ou xestionados a través da Fegatri.
  • Servizos médicos e plan de seguridade e evacuación.
  • Vehículos. Control dos sectores de  carreira
  • Avituallamentos.
  • Voluntariado

*Información Permisos DGT para celebración de Probas deportivas

*Información Normativa Autonómica celebración Espectáculos Públicos

 CALENDARIO FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE TRIATLÓN (en desenvolvemento)

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.