A Federación Galega de Tríatlon abre convocatoria para presentar candidaturas ao premio convocado polo CSD “Carrera Dual” ano 2022.
Ver convocatoria e anexos para presentar
O premio ten dúas categorías e a FEGATRI presentará un candidato/a para cada unha.
- – Deportista en idade escolar (anos de nacemento 2004 – 2007)
- – Deportista en idade universitaria (anos de nacemento 1994 e seguintes)
A recepción de curriculos de acordo á convocatoria estará aberta ata o próximo martes, 28 de marzo, ás 14:00 h. no correo electrónico fegatri@hotmail.com
Aspectos a valorar
- 1º Currículum académico
- 2º Currículum deportivo
- 3º Outros aspectos persoais e vitais
Para cada candidatura deben enviar os seguintes datos:
Nome e apelidos da persoa proposta: | |
Data de nacemento: | |
Modalidade deportiva: | |
Teléfono (deportista se é maior de idade ou titores legais se non o é): | |
Correo electrónico (deportista se é maior de idade ou titores legais se non o é): |
Tamén deberán achegar a seguinte documentación:
- – Certificación de estudos oficial do curso 21/22
- – Currículum deportivo de carácter nacional e internacional da tempada 21/22.
- – Calquera outra circunstancia persoal de interese.