A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno ten previsto solicitar a subvención para o desenvolvemento do Plan Corresponsables, cuxas bases se establecen na ORDE do 24 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a federacións deportivas de Galicia para o desenvolvemento do Plan corresponsables a través da realización de actividades de animación sociodeportiva e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento DE402B)
– Obxecto: subvención de proxectos que inclúan actividades de animación socio deportiva, habilitando servizos de coidados profesionais e fomentando, á vez que a práctica deportiva, á adquisición de hábitos de vida saudable a través da mesma e que fomenten á vez a creación de emprego de calidade no sector dos coidados, dos perfís profesionais recollidos na orde.
– Período de desenvolvemento das actuacións subvencionables: entre o 15 de xullo e o 15 de novembro de 2024.
– Financiaranse os gastos ocasionados con motivo da habilitación de servizos de coidado profesional de nenas, nenos e a mocidade de ata 16 anos inclusive, a través do desenvolvemento dos seus respectivos programas deportivos, para mellorar a vida cotiá das familias e favorecendo a conciliación do tempo laboral, familiar e persoal.
– Mínimos por grupo:
- mínimo de 8 participantes
- mínimo de 3 días á semana de actividade , cunha hora de actividade ao día
- mínimo de 2 semanas (1 quincena)
– Contía máxima por beneficiario: máximo de 1.660 €/grupo/mes de actividade (prorratearase no caso de non ser o mes completo).
– Período subvencionable: Actividade realizada do 15 de xullo a o 15 de novembro (4 meses)- Xustificación de facturas e pagamentos con cargo bancario no mesmo periodo, 20% máximo para
Os clubs interesados en colaborar no desenvolvemento deste plan de corresponsables, coordinado pola FEGATRI, deberán enviar unha memoria da actividade a realizar cun proxecto de implementación e desenvolvemento de acordo ás bases anteriores e onde se recolla claramente :
- Nome da Actividade
- Obxectivo
- Nome do presidente/a ou persoa responsable do desenvolvemento
- correo electrónico
- DETALLE DOS GRUPOS DE CADA ACTIVIDADE
- Nº de Grupo
- Data de inicio e remate
- Nº de quincenas
- Nº de dias por semana :
- Número de horas á semana:
- Horario diario:
- Localidade onde se realizará a acividade:
- Concello onde se realizará a actividade:
- Instalación onde se realizará a actividade:
- Nº de alumnos do grupo:
- Rango de idades:
- Número de novas contratacións de Persoal técnico responsable (imprescindible que cumpra o perfil profesional requerido e teña a titulación requirida no artigo 10.1 )
- Tipo de contrato que se realizará e xornada
- Descrición da actuación a desenvolver (desarrollar o plan de actividades do grupo, xogos,… e como se desenvolverán)
- Orzamento detallado e Memoria económica detallada de cada gasto previsto. Os salarios deben separar os custes, salario, IRPF, SS da empresa e SS do traballador. Só se pode destinar o 10% do gasto en cada grupo e mes a gastos xerais.
Prazo de presentación de proxectos , que se dirixirán a fegatri@hotmail.com, estará aberto ata o próximo mércores, día 26 de xuño