A TODOS OS CLUBS DE TRÍATLON E PÉNTATLON MODERNO
A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, con motivo do nomeamento de candidatos aos premios “Santiago-Deporte 2018” dos mellores deportistas e entidades santiaguesas, abre convocatoria a todos os clubs para que presenten propostas que a Federación Valorará e presentará ao Concello.
As propostas co curriculum de candidatos axustado ás bases que se xuntan deberán enviarse por correo electrónico á Federación fegatri@hotmail.com ata o próximo xoves, 17 de xaneiro de 2019.
Bases da Convocatoria e premios
1. Deportista feminina que durante a tempada 2017/18 ou ano 2018, segundo a modalidade deportiva que se considere, despuntase polos seus logros, éxitos e triunfos deportivos ou por outros méritos que o xurado considere que a fan acredora deste galardon.
As candidatas deberan cumprir con alg0n dos seguintes requisitos:
•Teren nacido en Santiago de Compostela
•Estaren empadroadas no municipio durante os éltimos tres anos
•Pertenceren a unha entidade deportiva compostelé durante os éltimos tres anos
2. Deportista masculino que durante a tempada 2017/18 ou ano 2018, segundo a modalidade deportiva que se considere, destacase polos seus logros, triunfos e éxitos deportivos ou por outros méritos que o xurado considere que o fan acredor do galardon.
Os candidatos deberén cumprir con algén dos seguintes requisitos:
•Teren nacido en Santiago de Compostela
•Estaren empadroados no municipio durante os éltimos tres anos
•Pertenceren a unha entidade deportiva compostelé durante os éltimos tres anos
3. Entidade deportiva méis destacada que na tempada 2017/18 ou ano 2018, segundo a modalidade deportiva que se considere, acadase resultados meritorios na séa disciplina, sexa reconecida pola sua promocion do deporte en Santiago ou organizara un evento deportivo de significada transcendencia e repercusion social.
Requisitos para seren candidatas:
•Ter a sede en Santiago de Compostela
•Estar inscrita no rexistro municipal de asociaciéns
4. Adestrador/a méis destacado/a que sobresaise durante a tempada 2017/18 ou ano 2018, segundo a modalidade deportiva que se considere, polos triunfos, logros ou éxitos do seu club ou do/a deportista ao que adestre. As candidaturas deberén cumprir con algén dos seguintes requisitos:
•Ter nacido en Santiago de Compostela
•Adestrar un equipo ou deportista compostelén durante os éltimos dous anos