A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno ten previsto solicitar unha subvención para o desenvolvemento do Plan Corresponsables, cuxas bases se establecen na orde ORDE do 6 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a federacións deportivas de Galicia para o desenvolvemento do Plan Corresponsables a través da realización de actividades de animación sociodeportiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento DE402B).
Os clubs interesados en colaborar no desenvolvemento deste plan de corresponsables, coordinado pola FEGATRI, deberán enviar unha memoria da actividade a realizar cun proxecto de implementación e desenvolvemento de acordo ás bases anteriores e onde se recolla (descrición, actuacións a desenvolver, cronograma, localidades, horarios, nº de participantes directos estimados, nº de técnicos/coidadores contratados, custe estimado desgrosado, etc.). .
Logos e datos que terán que presentarse no desenvolvemento do plan
O prazo de presentación de proxectos , que se dirixirán a fegatri@hotmail.com, estará aberto ata o próximo venres, día 30 de xuño ás 14:00 h.