Copa do Rei e da Raiña de Tríatlon en Águilas (Murcia)

novas fegatri aguilas

3 de Xuño de 2022

Esta fin de semana celebrouse a Copa do Rei de Tríatlon e da Raiña Iberdola de Tríatlon en Águilas (Murcia) cunha excelente actuación dos equipos galegos.

Nas probas celebradas o sábado o equipo feminino do Náutico de Narón acadou a segunda posición da Copa da Raiña Iberdrola por detrás do Saltoki Trikideak. 

Podio copa reina iberdrola aguilas

Foto da Federación Española de Tríatlon

 

O Cidade de Lugo Fluvial subíu a segunda posición do podio, por detrás do Universidad de Alicante e por diante do Saltoki Trikideak.  

podio masculino aguilas

Foto da Federación Española de Tríatlon

Na proba de contrarreloxo por equipos de talentos feminino tamén tivemos presencia no podio. Na proba élite o equipo do Náutico de Narón acadou a segunda posición a poucas milésimas das gañadoras, o Saltoki Trikideak e na proba Open as chicas do Cidade Lugo Fluvial subiron o podio na segunda posición.

Na proba masculina o equipo de talentos do Cidade de Lugo Fluvial acadou a segunda praza da proba élite por detrás do Diablillos de Rivas.

Na xornada do Domingo era o turno para os Campionatos de España por relevos, onde as galegas do Cidade de Lugo Fluvial acadaban a victoria por diante do Saltoki Trikideak e o Diablillos de Rivas. Na proba masculina élite, o Cidade de Lugo Fluvial volvía a impoñerse, despóis dunha apretada carreira a pé, a Isbilya Sloppy Joe´s e Diablillos de Rivas.

podio masculino relevos aguilas

Foto da Federación Española de Tríatlon

 

Na proba de relevos de talentos, as chicas do Náutico de Narón acadaron a terceira posición do podio por detrás de Tríatlon Valladolid e Diablillos de Rivas.

Podedes consultar todas as clasificacións na páxina web da Federación Española de Tríatlon.

 

Quizáis che interese…