CRISTÓBAL, FÓRA DA FINAL DO EUROPEO DE PÉNTATLON MODERNO

8 de Xullo de 2016

Cristóbal Rodríguez Fidalgo non puido lograr a clasificación para a final do Campionato de Europa de Péntatlon Moderno, que se está a disputar estes días en Sofía (Bulgaria). Foi unha semifinal moi accidentada para o noso deportista, que non logrou facer unha boa competición.

Cristóbal realizou unha boa natación, unha esgrima regular e unha moi mala combinada, na que se sumaron os problemas de asma (non lle permitiron levar os seus nebulizadores) ao feito de que tivo que competir cunha pistola prestada, xa que se le estragou a súa. Así, non puido facer unha boa competición e quedou fóra da final do Europeo, que se disputará o domingo.

Quizáis che interese…