Cristóbal Rodríguez Fidalgo (Tri-Penta Terras de Lugo) rematou na 17ª posición do Campionato Internacional Indoor de Budapest de Péntatlon Moderno, que se celebrou esta fin de semana.
O galego fixo unha boa competición ata que chegou a combinada. Despois de realizar as probas de hípica, natación e esgrima ía na sexta posición da clasificación xeral, pero na combinada perdeu moitos postos e rematou na 17ª posición cun total de 1.413 puntos.
O resto dos españois concluíron nas seguintes posicións: Aleix Heredia foi décimo, Lluis Shivel rematou na 25ª posición, mentres que Joan Gispert foi 37ª.