Cristóbal Rodríguez acadou o primeiro dos seus obxectivos no Europeo de Péntatlon Moderno. O galego logrou a clasificación para a final do Europeo, que se disputará o martes, coa 16ª mellor puntuación.
Hoxe celebrouse a clasificatoria na que os deportistas teñen que realizar as probas de natación, combinada e esgrima. Cristóbal fixo unha moi boa esgrima, con 860 puntos, e quedou na cuarta posición. Despois foi o décimo na natación e o 14º na combinada. Así rematou na 16ª posición e confirmou a súa presenza na final do Europeo, que se está a disputar en Polonia.