O galego Cristóbal Rodríguez comezou con moi bo pe a presente tempada. Onte logrou na Copa do Mundo de Acapulco, coa presenza dos mellores pentatletas do mundo, a súa clasificación para a final, que se celebrará mañá. Cristobal fixo unha moi boa natación e esgrima, aínda que estivo un pouco máis discreto na combinada (carreira e tiro), pero logrou o pase á final con moita comodidade, ao clasificarse no posto 22 dos 36 clasificados.
Actualmente Cristóbal ocupa a posición número 73 do ranking mundial e con esta boa actuación dará un salto na clasificación mundial. Mañá disputará a final e posiblemente o domingo realice a proba mixta xunto a Marta García-Miguel, que non logrou a clasificación para a final feminina.