O galego Cristóbal Rodríguez Fidalgo participará a partir de mañá na segunda Copa do Mundo de Péntatlon Moderno de 2016, que se celebra en Río (Brasil). O obxectivo fundamental sumar puntos para clasificarse para os Xogos Olímpicos deste verán, que precisamente se disputarán en Río. Hoxe estase a disputar a fase clasificatoria feminina, na que participa a española Marta García-Miguel.
A competición para Crístóbal comezará mañá venres coa clasificatoria e o obxectivo é lograr unha praza na gran final, que terá lugar o domingo. Cristóbal estará nesta Copa do Mundo xunto a Aleix Heredia, que actualmente está por detrás (pero moi preto) na loita pola praza olímpica, polo que o noso deportista debe quedar por diante do catalá na clasificación.
Na Copa do Mundo do Brasil participarán un total de 187 deportistas e haberá un altísimo nivel competitivo, xa que estarán case os mesmos deportistas que participaron na primeira Copa do Mundo no Cairo.