O galego Cristóbal Rodríguez disputará esta fin de semana o Mundial de Péntatlon Moderno, que se celebra en Moscú. Mañá celebrarase a semifinal, na que o noso deportista buscará o pase para a gran final do sábado. Ademais, Cristóbal competirá o domingo na proba por relevos mixtos, xunto a Marta García-Miguel.
Cristóbal forma parte do grupo C, no que tamén está o español Aleix Heredia. En total son 96 deportistas (32 en cada grupo) e o obxectivo é lograr mañá xoves a clasificación para a final do sábado onde só estarán os 36 mellores. Clasificaranse os 8 primeiros de cada grupo (24) e posteriormente os pentatletas que acadaran as 12 mellores puntuacións.
Moita sorte para Cristóbal!