O galego Cristóbal Rodríguez Fidalgo (Tri-Penta Terras de Lugo) participará esta fin de semana no Campionato Internacional Indoor de Budapest de Pentatlón Moderno. O galego, actual subcampión de España, foi convocado para esta proba xunto a Joan Gispert, Aleix Heredia e Lluis Shivel.
Os deportistas viaxan mañá en dirección a Budapest para participar nesta proba na que non haberá fase clasificatoria, senón que será final directa, polo que todos os pentatletas terán que realizar a totalidade das probas (natación, esgrima, hípica e combinada) ao longo da fin de semana.