O sábado 16 de decembro celebrarase en Guadalaxara o Campionato de España de Péntatlon Moderno (categorías xuvenil, júnior, absoluto e veteranos) coa participación dos galegos Aroa Freije, Raúl Blanco e Cristóbal Rodríguez.
Na categoría masculina Cristóbal Rodríguez tentará recuperar o título de campión de España, que o pasado ano acadou Joan Gispert, mentres que tanto Aroa Freije coma Raúl Blanco tentará loitar por algún posto no podio. A categoría feminina está moi aberta despois de que a actual campioa de España, Marta García-Miguel decidirá abandonar a competición. Así, as máis novas (Aroa Freije e Laura Heredia) terán a súa oportunidade de reinar.
Pola súa banda, Cristóbal buscará un novo título de campión de España para manterse firme nas súas opcións de clasificarse para os Xogos Olímpicos de Tokyo, mentres que Raúl Blanco, no seu último ano coma júnior, espera despedirse da categoría no podio.