Sete deportistas becados polo Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) están a participar esta semana nunha concentración en Valladolid, na que traballan xunto a triatletas de Castela e León.
A selección galega, dirixida por Jonathan Cancela, está adestrando no centro de Perfeccionamento Técnico Deportiva Río Esgueva, con 20 deportistas de Castela e León e catro técnicos desta comunidade autónoma. Esta actividade é organizada de forma conxunta polas federacións autonómicas de Galicia e Castela e León, que xa celebrou a primeira parte na Semana Santa. Nese intre, foron os deportistas de Castela e León os que viaxaron a Pontevedra para adestrar e quedou establecido que no verán serían os galegos os que se desprazaran a Valladolid para traballar de forma conxunta.