Destacan os galegos nos Campionatos de España de Tríatlon Cros, Acuatlón e Dúatlon Cros 2025 en Calahorra

28 de Xullo de 2025

Durante a fin de semana celebrouse en Calahorra (A Rioxa) un intenso calendario de competicións nacionais de tríatlon, co desenvolvemento dos Campionatos de España de Tríatlon Cros, Acuatlón e Dúatlon Cros 2025. Nesta crónica resaltamos os resultados máis destacados das e dos deportistas galegos ou federados pola Federación Galega de Tríatlon (FEGATRI), nunha fin de semana de grandes logros e podiums para o tríatlon galego.

-Campionato de España de Tríatlon Cros

Na mañá do sábado, Elsa Pena, do Cidade de Lugo Fluvial, proclamouse campioa de España de Tríatlon Cros revalidando o seu título nacional, mentres que Vicente Hernández (Tenerife Reactivité) conseguiu o seu primeiro ouro nesta modalidade. Os maillots Loterías aos mellores tempos no segmento de natación foron para Iratxe Arenal (Náutico de Narón) e Kevin Tarek Viñuela (Cidade de Lugo Fluvial).

No apartado júnior feminino, destacou a galega Lucía Piñón (Deportivo Delikia), que acadou a vitoria, por diante de María Tenorio (Diablillos de Rivas) e Luz Ferrández (Deportivo Triaspe).

Na categoría cadete, Cristina Martínez, do Náutico de Narón, acadou a segunda posición, por detrás de Paula Burgos (Squali Carabanchel).

🏅 Grupos de Idade (GGEE):

  • F35-39: 🥇 Amira Simón 
  • F60-64: 🥈 Purificación López 
  • M65-69: 🥇 José Manuel Piñeiro

-Campionato de España de Acuatlón

Xa pola tarde do sábado, disputouse o Campionato de España de Acuatlón, onde Ana Carballo (Cidade de Lugo Fluvial) impúxose con autoridade na categoría absoluta, mentres que Vicente Hernández repetiu vitoria. Ambos acadaron tamén os maillots Loterías polos mellores rexistros na carreira a pé.

No campionato júnior feminino, Marta Novo (Cidade de Lugo Fluvial) logrou a segunda posición, por detrás de Sue Castelló (Diablillos de Rivas). Por equipos, o Triatlón Lugones proclamouse campión de España.

Na categoría júnior masculina, o podio foi para Damián Suárez, Lucas Riola (Deportivo Delikia), e Marco Pousada (Cidade de Lugo Fluvial). En clubs, o ouro foi para Deportivo Delikia, seguido de Cidade de Lugo Fluvial.

Na categoría cadete feminina, a campioa foi Lucía Ageitos (Deportivo Delikia), acompañada por Adriana Solanes (Triatló Gandía) e Paula Burgos (Squali Carabanchel). Por equipos, venceu o Deportivo Delikia, seguido de SDR Arenas de Tudela e Triatlón Albacete Res.

Na categoría cadete masculina, o título foi para Marco Hernández (Ecosport Alcobendas), seguido por David Llorente (Triatló Cornellá) e Jeyden Jael Silva (Deportivo Delikia).

No Acuatlón Paralímpico destacou a galega Claudia Tubío (Triatlón Rianxo), que se impuxo na súa clase.

🏅 GGEE Masculino 35-39: 🥉 Adrián Campana

-Campionato de España de Dúatlon Cros

O domingo pechou a fin de semana cun gran nivel competitivo no Campionato de España de Dúatlon Cros, no que Eva María Sánchez (CEA Bétera) e Fernando Carmona acadaron o título estatal. Os mellores tempos no segmento BTT foron para Pilar Arias (Tri Infinity Móstoles) e Javier Álvarez (Stadium Casablanca Mapei).

Na categoría cadete feminina, Cristina Martínez (Náutico de Narón) volveu subir ao podio cunha segunda posición.

🏅 Grupos de Idade (GGEE):

  • M35-39: 🥈 Borja Nouche 
  • M40-44: 🥉 Alberto Fernández 
  • F25-29: 🥉 Patricie Viadel 
  • F35-39: 🥇 Amira Simón 
  • F50-54: 🥇 María Elena Miguens 
  • F60-64: 🥇 Purificación López 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.