DISCRETA ACTUACIÓN DE CRISTÓBAL RODRÍGUEZ NO OPEN DE BUDAPEST DE PENTATLÓN MODERNO

21 de Xaneiro de 2015

Cristóbal Rodríguez Fidalgo (Tri-Penta Terras de Lugo) tivo unha discreta actuación no Open de Budapest de Pentatlón Moderno, primeira proba importante da tempada 2015. O galego rematou na 23ª posición, despois de facer unha mala esgrima.

O actual campión de España comezou moi ben a competición cunha gran proba de natación, que rematou moi preto da súa mellor marca. Pero na esgrima non estivo nada afortunado, ao recibir unha sanción de dez puntos pola caída da careta de protección, e iso descolgouno  na clasificación. Cristóbal explicaba que “foi un dos meus peores días en esgrima”. Na hípica non tivo moita sorte co cabalo, pero aínda así fixo unha actuación correcta e na combinada tamén estivo a un bo nivel.

Desta forma, finalmente rematou na posición 23, mentres que Aleix Heredia fixo un gran papel co 14º posto. Con esta actuación, Cristóbal suma 8 puntos máis para o ránking mundial. O pentatleta galego explicaba que “aínda estamos comezando a tempada, era a primeira proba importante do ano”. Agora o vieirense xa pensa na seguinte: “O 21 de febreiro en Estados Unidos o Open de Saratosa”.

Quizáis che interese…