Máis de 300 duatletas estarán en Vimianzo este domingo

duatlon val de soneira vimianzo

1 de Abril de 2022

Dúatlon Val de Soneira Concello de Vimianzo

O próximo domingo 3 de Abril máis de 300 duatletas estarán no Concello de Vimianzo para disputar a derradeira proba do circuíto galego de dúatlon de estrada có aliciente de conseguir una praza para a gran final do Campionato Galego de Dúatlon que se celebra en Pontevedra o próximo 16 de Abril.

Ademáis da proba final do circuito galego de dúatlon, teremos Circuito Mozo e unha proba popular SuperSprint.

duatlon val de soneira vimianzo

I Dúatlon Val de Soneira organizado polo Tríatlon Costa da Morte e a colaboración do Concello de Vimianzo.

A falta da última proba en Vimianzo, na categoría absoluta, os líderes do circuito galego de dúatlon de estrada son Aída García do Tríatlon de Santiago e Gustavo Santiago do Tríatlon Poio, seguidos por María de La Barca Toba do Cidade de Lugo Fluvial e Silvía García do Artrogal na categoría feminina e por Facundo Medard do Tríatlon Arteixo e Luis Martínez Louzao do Tríatlon Rías Baixas, na categoría masculina. Ademáis do aliciente por conseguir a victoria do circuito, os demáis duatletas loitarán por as 22 prazas na categoría masculina que otorga Vimianzo para o Campionato Galego de Dúatlon de estrada de Pontevedra.

 

líderes do circuito galego antes de vimianzo

 

Na proba do Circuito Mozo tamén temos moitos participantes pero con mención especial para Nagore e Borja que volven a competir e a transmitirnos toda a súa ilusión e forza de voluntad.

Podes consultar a información técnica da proba no apartado de eventos -> DÚATLON VAL DE SONEIRA

Ademáis de Vimianzo, o sábado temos una proba máis para os máis pequenos dentro do Programa Xogade da Secretaría Xeral para o Deporte na actividade de Dúatlon Escolar. Esta vez estaremos no Concello de Cedeira coas categorías Benxamín, Alevín e Infantil.

programa xogade - concello de cedeira

 

Copa de Europa de Melilla

No ámbito internacional, o domingo dispútase a Copa de Europa de Tríatlon en Melilla onde temos presencia de triatletas galegos. Iria Rodríguez e Natalia Castro estarán na proba feminina, onde tentarán estar entre as millores triatletas do continente. Iria Rodriguez chega nun gran estado de forma despóis da súa décima posición o fin de semana pasado en Quarteira. Natalia Castro chega a Melilla despóis dun mes entrenando moi duro e con moi boas sensacións para formar parte dun equipo nacional plagado de grandes triatletas. Na categoría masculina, Esteban Basanta do Cidade de Lugo Fluvial forma parte do combinado nacional que tentará conseguir o millor resultado posible.

Na proba junior, as triatletas galegas Lucía Piñón, Marta Novo e Elsa Pena voltan a competir despóis da súa gran actuación na proba de Quarteira e na categoría masculina temos a Alejandro Rodríguez Rilo do Tríatlon Ferrol dentro da partipación española.

Dende a Federación Galega, estaremos moi atentos a súa participación en Melilla.

Copa de Europa de Melilla

Foto de Tríatlon Noticias e Fetri

 

Outro fin de semana interesante. 💪💪💪

 

Quizáis che interese…