Despóis duns días de traballo e entreno, voltamos co duátlon e Péntatlon Moderno.
Unha docena de equipos galegos estarán esta fin de semana en La Nucia para o inicio da Liga de Duátlon da Federación Española de Tríatlon. En Galicia estaremos por Lugo coa segunda proba do Circuito Galego de Duátlon e a segunda proba da Liga do Ranking Nacional de Péntatlon Moderno que outorga o título de Campionato Galego.
La Nucia, Cidade do deporte
As Ligas Nacionais de Clubes de Duátlon estrenanse esta fin de semana na localidade alicantina de La Nucía coa disputa da primeira xornada de Duátlon SuperSprint por Clubes, por Relevos/Parellas e SuperSprint por Clubes 2×2.
Temos presencia galega con unha docena de equipos.
Primeira Feminina: Cidade de Lugo Fluvial e Náutico de Narón
Segunda Feminina: Olímpico de Vedra, InforHouse de Santiago e Tripenta Terras de Lugo
Primeira Masculina: Cidad de Lugo Fluvial, InforHouse de Santiago e Tríatlon Ferrol
Segunda Masculina: Olímpico de Vedra, Tríatlon Arteixo, Tríatlon Compostela, Náutico de Narón
Duátlon Cidade de Lugo
220 duatletas estarán no Duátlon Cidade de Lugo este domingo 13 de Marzo na segunda proba do Circuito Galego de Duátlon de estrada.
Podes consultar toda a información da proba na páxina do evento da nosa páxina web.
Liga do Ranking Nacional de Péntatlon Moderno
Esta fin de semana celébrase en Lugo a Segunda Proba da Liga do Ranking Nacional de Péntatlon Moderno que outorga o título de Campión e Campiona Galega.
Máis información na web da Federación Española de Péntatlon Moderno.