Dúatlon “Movéndonos por Poio” Concello de Poio
Onte domingo celebrouse en Poio a Terceira Edición do Dúatlon de estrada “Movéndonos por Poio”, organizado polo Triatlon Poio e o Excmo Concello de Poio.
Cumprindo as medidas de protocolo Covid19 da Federación de Triatlon, a carreira en distancia Sprint, realizouse seguindo todas as pautas necesarias para que o evento fora todo un éxito, cumprindo todas as medidas sanitarias establecidas. Contrareloxo individual con saídas por parexas.
Un boa participación en todas as categorías para conseguir praza para o Campionato Xunta de Galicia de Dúatlon de Estrada que se celebrará en Boiro o próximo 1 de Maio.
A victoria en categoría feminina foi para Aída Valiño que mostrou unha excelente forma física para acadar a victoria por diante de Andrea Iglesias do Tripenta Terras de Lugo e Tina Marie Fernández do Artrogal.
En categoría masculina, a victoria foi para un gran Pablo Dapena, por diante de Antonio Benito do Cidade de Lugo Fluvial e Cristobal Dios do Tripenta.