ELPIDIO GÓMEZ E MARÍA MARTÍNEZ, GAÑADORES DO DUATLÓN CROSS DE BEARIZ

16 de Xaneiro de 2016

Elpidio Gómez (licenza dun día) e María Martínez (Atletismo Porriño) proclamáronse hoxe gañadores da oitava edición do Duatlón Cross Concello de Beariz, que é a primeira proba do circuíto galego.

A proba, que abría a tempada nun día espectacular para a práctica deportiva, celebrouse sobre a distancia sprint, polo que as e os participantes fixeron 6 quilómetros de carreira a pe, 21 en bicicleta de montaña e remataron con 2,5 quilómetros a pe.

Na categoría masculina proclamouse vencedor Elpidio Gómez, que sempre estivo situado entre os primeiros da carreira. Xa na bicicleta ían destacados os tres primeiros (Elpidio Gómez, Bruno Daniel Da Silva e Darío Manuel Otero) en menos de 40 segundos. Na carreira a pe Elpidio marcou as diferenzas para chegar a meta cunha ampla diferenza sobre o segundo clasificado. Así o triunfo foi para Elpidio Gómez cun tempo de 1:50:55, mentres que segundo foi Bruno Daniel Da Silva (licenza dun día, 01:52:06) e terceiro Darío Manuel Otero (O Treito, 01:52:23)

IMG-20160116-WA0013Mentes, María Martínez (Atletismo Porriño) proclamouse vencedora na categoría feminina, por diante de Olalla Duro (Artrogal-Tri 498). María marcou diferenzas dende o primeiro segmento, onde chegou a acadar unha vantaxe de case catro minutos. Así, a partir dese intre,  puido economizar as forzas sabendo que tiña moi lonxe a segunda clasificada e chegou a meta con tempo final de 02:56:12. A segunda posicion foi para Olalla Duro (03:00:17). Nesta primeira proba do ano a participación feminina foi moi curta e Ana Ramos (Artrogal-Tri 498) retirouse na bicicleta.

Noutras categorías os gañadores foron:

  • Júnior: Martín Tomé (licenza dun día)
  • Veterán 1: Elpidio Gómez (licenza dun día)
  • Clubs: O Treito.

Por segundo ano consecutivo, o Duatlón Cross de Beariz forma parte do Gran Premio Aviamán Cross (que está formado polas probas de Beariz, o cross de Boborás, que se disputará mañá, e o duatlón cross de Maside).

O Circuíto Galego de Duatlón Cross está formado por tres probas: Beariz, Samieira e Maside. Haberá clasificación xeral individual (masculina e feminina), júnior (m/f), veterán (m/f) e clubs (m/f) en cada unha das probas e tamén no circuíto.

 

Quizáis che interese…