A cidade de Pamplona inaugurou o xoves 15 de maio o primeiro dos tres Campionatos de Europa que acolleu esa fin de semana con motivo do Half Triathlon Pamplona Iruña 2025, que celebra ademais o seu décimo aniversario.
O Campionato de Europa de Acuatlón reuniu a máis de 350 deportistas de toda Europa nun formato rápido e explosivo que combinaba 1000 metros de natación nas augas do encoro de Alloz, aos pés do Camping Aritzaleku, cunha carreira a pé de 5 quilómetros nun contorno natural único e esixente na localidade navarra de Aritzaleku, coa presenza do sol durante toda a proba.
E con gran éxito para os españois, tras conseguir cinco medallas nas competicións Élite e sub 23. A eslovaca Zuzana Michalickova e o español Kevin Tarek Viñuela proclamáronse campións de Europa tras dominar nun percorrido que requiría tanto explosividade como estratexia. Elsa Pena, do Club Cidade de Lugo Fluvial, conseguiu a medalla de prata na categoría sub 23. E Andrés Cendán, tamén do Cidade de Lugo Fluvial, chegou en sexta posición á liña de meta, na categoría élite masculina.
En canto aos grupos de idade federados por Galicia:
- Iván Rubio, do Club AD Náutico de Narón, medalla de bronce no Campionato de Europa de Acuatlón no grupo de idade 50-54.
- Ricardo Rey Martínez, do Club Nosport Limit, medalla de prata no Campionato de Europa de Media Distancia no grupo de idade 45-49.
- Nicolás Domínguez García, do Club AD Náutico Narón, ouro no Campionato de Europa de Media Distancia no grupo de idade 40-44.
Os resultados pódense consultar aquí:
Media Distancia: https://triathlon.org/events/2025-europe-triathlon-middle-distance-championships-pamplona/results