EN DEFENSA DO TRÍATLON GALEGO

25 de Agosto de 2014

COMUNICADO

En días pasados a FEGATRI mantivo unha xuntanza en Madrid coa FETRI para protestar pola “non presencia” de deportistas galegos en probas de Campionatos do Mundo (caso de Carmen Gómez no Mundial de Tríatlon Junior; caso de Uxio Abuín no Mundial de Tríatlon Sub23) ou en probas World Series (caso de Melina Alonso en Estocolmo).

Nos tres casos, coas normas (as escritas claro) da FETRI na man, os/as tres deportistas galegos deberían de acudir a ditas competicións. Pero, o Director Técnico da FETRI, Iñaki Arenal, con uso e abuso das normas (non escritas), despoxa dos seus dereitos a estes tres deportistas galegos.

O Presidente da FETRI, Jose Hidalgo, quedou en dar unha resposta de “inmediato”, pero pasados 10 días non houbo resposta.

Unha vez máis minten e actúan con nepotismo e capricho.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.