Excelentes resultados dos galegos e galegas en Avilés

NOVAS FEGATRI AVILES

27 de Abril de 2022

Ademáis das victorias de Joselyn Brea do Club Deportivo Delikia e Celestino Fernández do Cidade de Lugo Fluvial, os galegos e galegas desplazados ao Campionato de España de Dúatlon celebrado esta fin de semana en Avilés, cosecharon excelentes resultados.

Ivan Puentes do Tríatlon Ferrol subíu o podio como tercer clasificado na categoría Sub23 e a triatleta do Náutico de Narón, Natalia Castro acadou unha traballada segunda posición na categoría Sub23, onde a súa compañeira de equipo Pilar García entrou na sexto lugar.

Na categoría Junior, o duatleta Alejandro Rodríguez Rilo do Tríatlon Ferrol acadou a octava posición na proba e na categoría junior feminina Helena Moragas do Cidade de Lugo Fluvial gañou a proba.

Nas probas das categorías xuvenís, a duatleta do Tríatlon InforHouse de Santiago Ainoa Gontán subíu a terceira posición do podio e as duatletas do Náutico de Narón, Lucía Abad e Lucía Piñón, fixeron top10 da proba feminina. Na categoría masculina, o duatleta do Tríatlon InforHouse de Santiago, Brais Picón acadou a terceira posición e Jarno Pousada do Cidade de Lugo Fluvial fixo noveno na proba masculina.

Na proba cadete feminina Lorena Patiño do Club Deportivo Pinarium acadou a segunda posición e Jimena Fernández do Cidade de Lugo Fluvial, Alejandra Neira do Tríatlon Inforhouse de Santiago e Irea Adriana Alén do A.D. Fogar fixeron Top10. Na proba cadete masculina, a victoria foi para Lucas García do Club Tríatlon Compostela, acompañado no podio por Damián Suárez do Natación Cedeira en terceira posición e Hugo Souto e Anxo Bello do AD Fogar fixeron Top10.

Nas diferentes categorías dos Grupos de Idade tamén tivemos unha amplia participación, con mención especial para Victor Bouzón do Club Olímpico de Vedra, Ismael Vieitez do Tríatlon Arteixo, Patrice Vaidel do Club Olímpico de Vedra, Purificación López do Club Hércules Termaria, Alberto Dopazo do Club Tríatlon Compostela e Juan Carlos González do Tríatlon Ferrol, que gañaron as súas categorías.

Nas probas por equipos o Náutico de Narón e o Cidade de Lugo Fluvial acadaron a cuarta e quinta posición na proba feminina e o equipo masculino do Cidade de Lugo Fluvial subíu o podio na segunda posición por detrás do Marlíns Tríatlon Madrid.

CLASIFICACIÓNS OFICIAIS

 

 

 

Quizáis che interese…