A Liga Nacional de Dúatlon 2026 chegou ao seu fin esta fin de semana tras a disputa das dúas últimas xornadas en Albacete, pechando unha tempada de alto nivel competitivo en todas as divisións.
No balance final da liga, os vencedores foron o club Diablillos de Rivas na categoría feminina e Peñota Dental Alusigma na categoría masculina, confirmando o seu dominio ao longo da tempada.

En canto ás dúas últimas xornadas da Liga e á participación dos clubs galegos:
No Campionato de España de Dúatlon por Clubs, o club Cidade de Lugo Fluvial acadou a medalla de prata en Primeira División, tanto na categoría feminina como masculina. Pola súa banda, en Segunda División, o título feminino foi para o Club Deportivo Delikia.

No Campionato de España de Dúatlon de Relevos/Parellas do domingo, o Cidade de Lugo Fluvial masculino logrou a vitoria en Primeira División, mentres que o Club Deportivo Delikia acadou a medalla de prata. Na Segunda División feminina, o Club Deportivo Delikia foi prata e o Triatlón Inforhouse Santiago conseguiu o bronce.

Na clasificación final da Liga, destaca o ascenso do Club Deportivo Delikia, que sobe a Primeira División feminina, así como o bo papel do Triatlón Santiago, que se mantén en Segunda División tras quedar ás portas do ascenso.

Na categoría feminina en Primera, o Cidade de Lugo Fluvial remata na quinta posición, mentres que o Náutico de Narón finaliza décimo. En categoría masculina, o Club Deportivo Delikia logra unha destacada cuarta posición no seu debut en Primeira División, seguido do Cidade de Lugo Fluvial en quinta posición. O Triatlón Santiago (13º) e o Tri Ferrol (15º) completan a clasificación, sendo estes dous últimos equipos os que descenden.
Na Segunda División masculina, o Náutico de Narón asegura a permanencia cunha undécima posición.
Ademais, o Club Triatlón Compostela competiu na Terceira División coa mirada posta no ascenso á Segunda, amosando tamén un gran nivel ao longo da tempada.
Desde a FEGATRI quérese destacar o esforzo e compromiso de todos os clubs participantes, que contribuíron a unha tempada brillante. Así mesmo, envíase unha mensaxe de ánimo aos equipos descendidos, coa confianza de velos de novo na máxima categoría na vindeira tempada.



