Onte estivemos en Pontevedra, avanzando na organización da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon que terán lugar na Cidade do Lérez en 2023. A sede do Concello de Pontevedra foi o punto de reunión para constituir o Comité Organizador deste evento e da Copa do Mundo de Tríatlon do próximo 23 de Xuño de 2022.
Jorge García, director deportivo da Federación Española de Tríatlon, o Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, a Presidenta da Deputación, Carmela Silva e o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete formaron unha primeira comisión para tratar varios puntos sobre a organización destes dous eventos que vanse celebrar en Pontevedra.
Máis información nos Diarios Locais da Cidade.