Formación de oficiais 2026 en Galicia- Xornadas de Actualización de Oficiais e Parte Presencial do Curso de Oficial N1

3 de Febreiro de 2026

Fin de semana de formación  na  FEGATRI  para preparar a tempada no estamento de oficiais. Este colectivo de gran importancia será o que apoiará o  desenvolvemento do tríatlon na comunidade garantindo o xogo limpo e a seguridade das competicións ao longo da tempada.
A posta a punto comezou coa parte online do curso de oficiais N1 de Triatlón, desenvolvida de xeito virtual por titores FETRI e rematou este primeiro de febreiro coa celebración das xornadas de actualización de oficiais 2026 en Santiago de Compostela onde celebramos unha xornada formativa mixta virtual-presencial que rematou cun xantar de apertura de tempada para compartir tamén momentos de lecer e fortalecer así a sinerxia do equipo.
——————–
XORNADAS DE RECICLAXE E ACTUALIZACIÓN DE OFICIAIS – 1 DE FEBREIRO
Data: domingo, 1 de febreiro de 202
Hora: 9:30 a 14:00
Lugar: Mixta (Presencial e online)- Hotel Santiago Apóstol.
PROGRAMA
– Avaliación tempada 2025
   * Valoración da tempada. Revisión e actualización de Procedementos.
– Revisión de regulamentos. Cambios  e actualización.
– Planificación da tempada  2026.
     *  Probas  Autonómicas
     *  Probas Nacionais
     * Probas internacionais
———————–
CURSO OFICIAL N1 DE TRIATLÓN- VIRTUAL   10,11 E 17 DE XANEIRO
7 oficiais   completaron esta fin de semana , en Santiago de Compostela, a fase teórica presentcial  da súa formación que comezou co desenvolvemento dunha fase virtual en  tres xornadas de 3 horas  o 10,11 e 17de xaneir impartida por titores da Federación Española de Tríatlon  de cara a incorporarse á fase práctica que desenvolverán en tres competicións ao longo da tempada.  A FEGATRI contou de novo coa colaboración do Tríatlon Inforhouse Santiago a quen agradece a posta a disposición do local do seu club e material imprescindible para levar adiante este tipo de accións formativas.
CURSO DE ESPECIALIZACIÓN DT AUTONÓMICO
Por outra bando o domingo, 18 de xaneiro,  3 oficiais acudiron á formación de Especialización de Delegados Técnicos autonómicos que cada ano celebra de xeito virtual celebra a FETRI para oficiais Nivel 2
XORNADA PRESENCIAL CURSO OFICIAL NIVEL1 DE TRIATLÓN- SANTIAGO DE COMPOSTELA
Data: Sábado 31 de xaneiro de 2026
Horario: 15:30 a 19:30 h.
Localizacion : Estadio Vero Boquete- San Lázaro-  Local Inforhouse Santiago-
Vista previa de la foto

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.