Gabriel Castiñeira e Mar Delgado Campións Galegos de Dúatlon Cros

duatlon concello de vimianzo_podio feminino

27 de Abril de 2021

O Concello de Vimianzo foi a sede elixida para a disputa do Campionato Xunta de Galicia de Dúatlon Cros. Unha excelente organización pensando sempre nos corredores e cunha alta participación a pesar da climatoloxía.

No formato de contrarreloxo e con saídas escalonadas, os participantes deron todo un espectáculo nos circuitos preparados pola organización, onde reinaron Gabriel Castiñeira do Tríatlon Costa da Morte e Mar Delgado do Tríatlon Ferrol.

mar delgado_duatlon cros vimianzo

Mar Delgado (Campiona Galega de Dúatlon Cros)

 

gabriel castiñeira duatlon cros

Gabriel Castiñeira (Campión Galego Dúatlon Cros)

 

Xa temos os Campións Galegos de Dúatlon 2021. 

Gabriel Castiñeira – Tríatlon Costa da Morte
Mar Delgado – Tríatlon Ferrol

CLASIFICACIÓNS

Podes ver as fotos do evento a través do seguinte enlace por xentileza de Fotocarlosgrafías

Quizáis che interese…