GALICIA ESTARÁ REPRESENTADA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE DÚATLON DE MEDIA DISTANCIA

3 de Marzo de 2017

O domingo 5 de marzo celebrarase en Orihuela (09:00 horas) o Campionato de España de Dúatlon de Media Distancia, con varios deportistas galegos entre os inscritos. As distancias neste campionato de media distancia serán de 14,9 quilómetros de carreira a pe, 66 quilómetros de bicicleta e finalizarán con 8,1 quilómetros de carreira a pe.

O tudense Gustavo Rodríguez (Tri-Penta Terras de Lugo), que o pasado ano venceu nesta mesma proba en Orihuela, parte coma un dos favoritos para loitar polo título xunto a Raúl Amatriain (campión de España 2015) ou Pablo Martín (prata no 2016). Ademais, tamén participarán os galegos Miguel Daporta (Olímpico de Vedra), Cristóbal Dios (Tri-Penta Terras de Lugo), Diego Pérez (Tri-Penta Terras de Lugo) ou Roberto Martínez (Tri-Penta Terras de Lugo), que tentarán facer un bo papel.

 

 

Quizáis che interese…