GALICIA PARTICIPARÁ NO CAMPIONATO DO MUNDO DE DÚATLON DE AVILÉS

3 de Xuño de 2016

Esta fin de semana celebrarase en Avilés o Campionato do Mundo de Duatlón con cinco galegos (Gustavo Rodríguez, Iván Cáceres, Andrés Cendán, Iñaki Pena-Manso e Susana Rodríguez) entre os inscritos nas categorías elite, júnior e paraduatlón.  Serán dous días de intensa competición con 1.400 deportistas de máis de 30 países. Ademáis, tamén contaremos cunha importante representación nos oficiais: Mónica Flores (responsable de oficiais), Luis Coira (delegado médico) e José Manuel Rey (oficial).

Gustavo Rodríguez e Iván Cáceres serán os nosos representantes na proba elite masculina (sábado 4 de xuño, 19:00 horas), trala baixa de última hora de Uxío Abuín por lesión. Uxiío, que acadara este ano o título de campión de España de Duatlón, renunciou á proba hai dos días, `por culpa dunha lesión no xeonllo.

Gustavo, que agora está centrado na media e longa distancia, va sen presión algunha coa intención de facer una boa proba. Ademais haberá un altísimo nivel competitivo con Emilio Martín (campión do mundo 2015), o francés Benoit (segundo no Mundial 2015 e segundo no Campionato de Europa de Duatlón deste año), o Richard Murray, magnífico triatleta que está saindo dunha lesión no ombreiro, e que fai una incursión no duatlón. As distancias serán de 10 quilómetros de carreira a pe, 40 quilómetros de bicicleta e 5 de carreira a pe, nun circuito moi rápido e con pouca dificultade.

En júnior masculino (sábado 4 de xuño, 13:45 horas)  contaremos con Andrés Cendán e Iñaki Pena-Manso, mentres que Susana Rodríguez (4 de xuño, 09:00 horas) competirá en paradúatlon. En ambas categorías, as distancias serán de 5 quilómetros de carreira a pe, 20 de bicicleta e 2,5 de carreira a pe.

Quizáis che interese…