GALICIA PARTICIPARÁ NO PRIMEIRO CAMPIONATO DO MUNDO “LASER RUN”  

24 de Setembro de 2015

 

Galicia participará, con nove deportistas, esta fin de semana en  Perpignan (Francia) no primeiro campionato do Mundo de Laser Run. Será a primeira edición deste campionato oficial coa participación de deportistas de 24 países.

 

A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno despraza a Francia a Ainhoa Corral, Mercedes Vila, Claudia Gámez, Andrea Vidal, Aroa Freije (categoría feminina); Martín Pardo, Martín Freije, Javier Pena e Raul Blanco (masculina). Galicia competirá na proba individual, que se celebrará o sábado, mentres que o domingo será a proba de relevos mixtos.

 

Neste mundial os participantes realizarán dúas das especialidades do péntatlon: Deberán correr e disparar, que no péntatlon se realizan na combinada, sendo unha das máis espectaculares cara ao público. As e os deportistas galegos acoden con moita ilusión a esta novidosa competición.

 

 

Quizáis che interese…