Gonzalo Triunfo é o novo presidente da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, despois de que esta pasada fin de semana realizárase a proclamación definitiva e a toma de posesión do cargo.
Gonzalo Triunfo Delgado (28-6-65) está ligado ao tríatlon dende os anos 90, como triatleta afeccionado no seo do Tríatlon Ferrol. Nos últimos catro anos pasou a formar parte da directiva do Artrogal, nesa intención de traballar polo seu deporte. Este foi o primeiro paso, a través dun club, e agora quere realizalo como presidente da Federación Galega de Tríatlon.
Na súa faceta profesional, Gonzalo Triunfo é diplomado en enfermería e actualmente desenvolve funcións de supervisor de quirófano no hospital da Rosaleda de Santiago de Compostela.
Desexámoslle a mellor das sortes a Gonzalo ao fronte do tríatlon galego!